Sobre o Polo

Sobre o Polo

Os últimos avances de tecnoloxías innovadoras coma a Internet das Cousas (IoT) e os Data Analytics (inclúindo o Big Data), están a transformar a actividade dentro da cadea alimentaria, facéndoa máis intelixente e achegándoa ao concepto de Smart Farming. A agricultura intelixente é xa unha tendencia imparable no sector primario que creou unha auténtica revolución na que os datos son o catalizador do cambio, xa que agora están dispoñibles en maior cantidade, rapidez e fiabilidade. Un cambio que xa comeza a ser palpable e dar os seus froitos: mellor planificación da actividade, optimización de consumos e recursos, redución do impacto ambiental, trazabilidade, mellora do rendemento da produción, coordinación entre todos os actores da cadea de subministro, etc. Máis info

Novas