Os últimos avances de tecnoloxías dixitais innovadoras coma a Internet das Cousas (IoT) e a analítica de datos (incluíndo Big Data), entre outras, están empezando a transformar a actividade dentro da cadea alimentaria, facéndoa máis intelixente e achegándoa ao concepto de Smart Farming. Tanto que xa se pode falar dunha tendencia imparable dentro do sector primario europeo e mundial, xerando unha auténtica revolución na que os datos, dispoñibles en maior cantidade, rapidez e fiabilidade, son o auténtico catalizador do cambio. Un cambio que xa está empezando a dar os seus froitos: mellor planificación da actividade, optimización de consumos e recursos, redución de impacto ambiental, mellor trazabilidade, mellora do rendemento da produción, coordinación entre actores dentro da cadea de suministro, entre outras vantaxes.
Galicia, e especialmente a súa economía rural, poderían verse moi beneficiadas da adopción intelixente destas tecnoloxías. Non hai que esquecer que o peso dos sectores agroalimentario e acuícola no PIB galego é sensiblemente maior co da media europea. Pero para lograr dar este paso adiante, é preciso que os distintos axentes implicados no sector (prodctores, transformadores, provedores de maquinaria, enxeñarías, centros de coñecemento e Administración Pública) colaboren de forma coordinada, para poder aproveitar as oportunidades e superar as barreiras existentes, como a mellora das infraestruturas de conexión, ou a mellora das competencias dixitais. Galicia pode converterse nun polo de innovación dixital (digital innovation hub, na terminoloxía da Comisión Europea) a nivel europeo nos sectores agroalimentario e acuícola.
Gradiant, grazas á súa visión e experiencia como presidente do Grupo de Traballo en Smart Farming e Food Security na Alianza Europea pola Innovación en Internet das Cousas (AIOTI), confírmase como o axente de innovación idóneo en Galicia para traducir e trasladar as últimas tendencias tecnolóxicas mundiais en Smart Farming, á realidade do Sector Primario en Galicia e España.
Primeira xornada de traballo
Precisamente, Gradiant deron os primeiros pasos para que Galicia sitúese como Digital Innovation Hub en Smart Farming, reunindo a todos os axentes implicados nunha xornada de traballo en Vigo. Un punto de encontro e de reflexión imprescindible para productores agropecuarios e cooperativas, productores acuícolas, industria da transformación alimentaria, industria de fabricantes de maquinaria, ingenierías orientadas ao sector agroalimentario e acuícola, ingenierías TIC, centros tecnolóxicos e universidades.
Durante o evento divulgáronse exemplos de casos de éxito en adopción e innovación dixital por parte do sector agroalimentario, como a aposta pola innovación de Feiraco. Ademais, mediante relatorios a cargo de GAIN, AMTEGA e a Consellería de Medio Rural, a xornada permitiu coñecer como afronta este proceso de transformación a Administración, e que mecanismos de apoio implementáronse desde o goberno de Galicia.