O Hub de Innovación Dixital promovido por Gradiant e Campus Terra aproba a súa estrutura definitiva

O Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario promovido por Gradiant e o Campus Terra da USC aprobou este xoves a súa estrutura de gobernanza, así como a creación de seis grupos de traballo que respondan ás diferentes demandas do sector.

Prospectiva e Intelixencia, Oferta e Demanda, Proxectos I+D+i, Produción Agraria, Produción Ganadera, e Industria Agroalimentaria son as denominaciones que recibiron estes seis grupos de traballo, que, tal e como destacan os impulsores do Hub, deben erixirse en estruturas dinámicas que poden ir evolucionando e mudando a medida que avancen as sesións de traballo e se evalúen as necesidades que vaian xurdindo.

A creación destes grupos partiu dun cuestionario previo ao que foron sometidos os diversos axentes do sector, desde empresas a asociacións profesionais, pasando por cooperativas, productores, clusters, universidades e centros tecnolóxicos. Na reunión aprobouse tamén a estrutura de gobernanza do Hub, encabezada pola secretaría técnica, que conforman Campus Terra e Gradiant.

O encontro, celebrado no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) de Santiago de Compostela, estivo presidido polo vicerrector de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, e polo director xeral de Gradiant, Luís Pérez Freire. Enrique Rohrer acudiu en representación da Axencia Galega de Innovación (GAIN) a esta reunión de traballo, que foi clausurada polo vicerrector de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bo Lema.

Neste ‘Digital Innovation Hub’, segundo a terminoloxía que emprega a Comisión Europea, conflúen, polo lado da demanda, un sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servizos innovadores adaptados á súa realidade produtiva; e polo lado da oferta, a conjunción de proveedores tecnolóxicos e de servizos, así como os centros de coñecemento e innovación, xeradores desas solucións e melloras que demanda o sector.
Esta iniciativa establece unha dinámica proveitosa de colaboración aberta e áxil, da que cada parte interesada pode obter beneficios específicos: maior competitividade para o sector agroalimentario, oportunidades de negocio e potencial exportador para os proveedores tecnolóxicos, ou oportunidades de capitalización do coñecemento existente nos centros de investigación e innovación de Galicia.